Gimnasia Ritmica

Gran exito na copa con cinco campeonas que pertecen o Culb Ximnasia Pavillón

O sábado tivo lugar no Paco Paz de Ourense o campionato galego escolar. Os clubs pavillón presentáronse con 12 equipos, máis de oitenta ximnastas, en distintas categorías.

Óscar Gómez

Ourense | 12.06.2023 08:12

Gran exito na copa con cinco campeonas que pertecen o Culb Ximnasia Pavillón
Gran exito na copa con cinco campeonas que pertecen o Culb Ximnasia Pavillón | onda cero

O máis destacable foi a actuación do equipo sénior da Escola Pavillon, que soubo levar a cabo o seu exercicio á perfección e logrou o campionato da súa categoría. Na mesma categoría, o Club Pavillón tamén obtivo o quinto posto cun gran exercicio. Ao final da mañá o equipo alevín acadou un marabilloso sexto posto de 26 participantes na súa categoría.

Pola tarde tivo lugar a competición dos máis pequenos. Os clubs Pavillón garanten un gran futuro coas súas ximnastas máis pequenas. O equipo de iniciación foi quinto, a só medio punto do primeiro posto e os prebenxamíns cuartos, a 0,30 do terceiro.

FINAL HISTÓRICA DA COPA DO CONCELLO DA XIMNASIA PAVILLÓN

O domingo tivo lugar a fase final da Copa Provincial de Ourense e os clubs do Pavillón obtiveron uns marabillosos resultados. Dos 13 ouros posibles, o Pavillón obtivo 11, 6 conxuntamente e 5 individualmente. Tamén lograron 6 pratas e un bronce.

INDIVIDUAL:

  • Carla Camino- categoría prebenxamín-primeira clasificada
  • Alexandra González-categoría alevín-primeira clasificada
  • Daniella Pérez-categoría alevín-segunda clasificada
  • Ismael Vázquez-categoría infantil- primeiro clasificado
  • Cinthia MIguélez-categoría infantil- segunda clasificada
  • Pura Diéguez-categoría cadete-primeiro clasificado
  • Susana Castro-categorías sénior- primeira clasificada

CONXUNTO:

  • Iniciación- primeiro clasificado ESCOLA PAVILLÓN
  • Prebenxamín-primeiro clasificado CX PAVILLÓN
  • Prebenxamín-segundo clasificado ESCOLA PAVILLÓN
  • Benxamín- segundo clasificado ESCOLA PAVILLÓN
  • Alevín- primeiro clasificado CX PAVILLÓN
  • Alevín- segundo clasificado ESCOLA PAVILLÓN
  • Infantil- primeiro clasificado CX PAVILLÓN M
  • Infantil-segundo clasificado CX PAVILLÓN P
  • Cadete- primeiro clasificado CX PAVILLÓN
  • Sénior- primeiro clasificado ESCOLA PAVILLÓN
  • Sénior- segundo clasificado CX PAVILLÓN