Datos Paro

Galicia reduce as cifras do paro e aumenta as afiliacions

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou os datos do paro do último mes, que descende en 547 persoas.

Óscar Gómez

Ourense | 02.06.2020 11:09

O paro baixa en Galicia, no mes de Mayo
O paro baixa en Galicia, no mes de Mayo | UGT

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos de paro rexistrado do mes de maio, estatísticas que reflicten que, tras os aumentos de marzo e abril polas consecuencias da covid-19, Galicia logra cambiar a tendencia.

Así, Galicia logra diminuír o paro en maio un 0,29% con respecto ao mes de abril, o que supón 547 desempregados menos e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato posiciona a Galicia como a quinta Comunidade cun mellor comportamento en termos absolutos e a sexta en relativos fronte ao incremento do desemprego a nivel nacional nun 0,69%. O paro tamén baixou nas provincias de Pontevedra e da Coruña e na cidade de Vigo. Os efectos da covid-19 seguen manténdose no sector servizos, o único no que medra o desemprego (+0,15%), que diminúe na construción (-4,65%), a agricultura e a pesca (-1,46%) e a industria (-0,50%). Este mes, ademais, subiu a contratación un 29,32% grazas á sinatura de 6.999 contratos máis que en abril. En canto ás afiliacións, Galicia rexistra unha suba do 0,16% e suma 1.603 cotizantes á Seguridade Social ata alcanzar os 976.374 afiliados, o que supón unha media de 51 ao día.

¿Cuándo se cobra el paro por ERTE? Cantidad de la prestación y días clave
¿Cuándo se cobra el paro por ERTE? Cantidad de la prestación y días clave | EFE

No tocante á evolución anual, Toca indicou que Galicia encadeaba seis anos consecutivos de baixadas interanuais nun mes de maio, que se ven interrompidos polos efectos da covid-19. Así, Galicia suma 30.277 persoas máis desempregadas (un 18,83% máis que hai un ano), 8 de cada 10 do sector servizos, onde se concentran 24.759 desempregados. Aínda así, o desemprego medra case seis puntos e medio menos que na media nacional. En canto ás afiliacións, diminúen un 4,13%, a un ritmo lixeiramente inferior ao estatal, na que se reducen un 4,56%.

Toca destacou que é o momento de iniciar a recuperación do terreo perdido durante os últimos dous meses en materia laboral e volver á tendencia positiva que se rexistraba antes da covid-19, con medidas que nazan da unidade, o consenso e o diálogo social, como os 16M€ para reactivar a actividade de 27.000 autónomos e pemes do comercio, o turismo, os servizos e o transporte; os 8M€ para complementar as prestacións de menor contía de traballadores afectados por Ertes e para maiores de 55 anos que perderon o seu emprego; ou os 40M€ para afondar na dixitalización do tecido empresarial, sobre todo nos negocios de comerciantes, autónomos e pemes.