Ourense Cidade

Francisco Rodriguez ponse a disposición da executiva local do Psoe

A Secretaria Xeral, Natalia González, entregou ao candidato o documento de análise do estado actual da cidade trala rolda de contactos cos axentes sociais e veciñais nos últimos meses.

Óscar Gómez

Ourense | 01.12.2022 07:49

Francisco Rodriguez ponse a disposición da executiva local do Psoe
Francisco Rodriguez ponse a disposición da executiva local do Psoe | onda cero

A Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense recibe ao candidato á Alcaldía, Francisco Rodríguez, no seu encontro mensual ordinario e ponse a súa total disposición para traballar xuntos dende a unidade e a ilusión para que gañe Ourense. Na reunión celebrada na sede do PSOE a Secretaria Xeral, Natalia González, entregou ao candidato o documento de análise do estado actual da cidade trala rolda de contactos cos axentes sociais e veciñais nos últimos meses.

Así mesmo, a CEM constituiu os grupos de traballo por áreas para a redacción do programa electoral de cara ás eleccións municipais 2023, abertos á participación de toda a militancia do partido en Ourense. Os socialistas pecharon tamén a data para a Asemblea Ordinaria da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense que se celebrará o vindeiro martes 13 de decembro.

Os representantes da CEM fixeron balance das máis de 70 visitas a asociacións e colectivos da cidade nos últimos 4 meses, nas que contactaron con máis de 400 veciños e veciñas da cidade, co fin de elaborar unha diagnose actual e axeitada da situación de abandono e desleixo na que se atopa Ourense despois do desgoberno e caos dos últimos case 8 anos do PP e Jácome.

O obxectivo da CEM, de acordo co candidato á Alcaldía, é ter listo xa para o mes de xaneiro o programa electoral para as eleccións municipais de 2023 no que se definirá un novo modelo de cidade que a recuperación dos grandes proxectos de transformación urbana, a defensa na mellora dos servizos públicos e do medio ambiente, o benestar social, a igualdade, a cultura, o termalismo, o comercio e a mocidade terán un peso específico e moi relevante.