Fase de ascenso a 3 RFEF

Fin de semana chave para os ourensáns aspirantes ó ascenso a terceira federación

O domingo os equipos ourensáns que buscan ó ascenso á 3 RFEF xogan na casa co obxectivo de volver á senda da victoria

Onda Cero Ourense

Ourense | 08.04.2022 12:17

Fin de semana chave para os ourensáns aspirantes ó ascenso a terceira federación
Fin de semana chave para os ourensáns aspirantes ó ascenso a terceira federación | Onda Cero Ourense
Fase de ascenso a 3 RFEF

UD Ourense - Pontevedra CF B

O Ourense volve ó Couto coa intención de volver a gañar despois do tropezo da fin de semana pasada frente ó Portonovo.

Os de Jorge de Dios reciben no Couto ó líder provisional, o filial do Pontevedra, co que están empatados a 9 puntos tanto os vermellos cómo o Gran Peña.

O partido do socio

A cita deste domingo a partir das 18:00 horas foi declarada pola directiva do Ourense cómo "O partido do socio" que equivale a que os socios da UD Ourense poderán dispoñer dunha invitación para agasallar a quen estimen oportuno e desta forma converter nunha caldeira ó estadio de O Couto.

Acordo con Club Ourense Baloncesto

A Unión Deportiva Ourense e Club Ourense Baloncesto chegaron a un acordo para que os socios de ambos clubes accedan de forma gratuíta o partido do outro. Os socios do Ourense estiveron o mércores apoiando ó COB frente a Cantabria e ahora serán os seguidores cobistas os que poderán acceder ó campo do Couto.

UD Barbadás - Vilalonga FC

O Barbadás recibe nos Carrís ó Vilalonga despois de caer derrotado a fin de semana pasada frente ó filial do Pontevedra. Un punto separa a ambos equipos na táboa clasificatoria e os dous están moi perto tamén dos puntos que dan acceso a 3 RFEF. O que gañe estará moi vivo na loita polo cambio de categoría.

Verín CF - Umia CF

Verín e Umia apuran as súas opcións de engancharse a pelea polo ascenso a terceira federación. Para acadalo os dous equipos precisan a victoria o que fará moi apetecible, sen dúbida, a cita do vindeiro domingo a partir das 17:30 horas no José Argiz de Verín.

Moita igualdade no grupo de ascenso á 3 RFEF

Clasificacion Preferente Galicia 2ª FASE ASCENSO GRUPO C SUR