Eleccións UD Ourense

Fernando Currás novo presidente da UD Ourense

Fernando Currás foi elexido presidente da UD Ourense con 58 votos a favor, 24 en contra e 2 abstencións

Onda Cero Ourense

Ourense | 07.09.2021 10:17

Fernando Currás novo presidente da UD Ourense
Fernando Currás novo presidente da UD Ourense | Onda Cero Ourense

A Unión Deportiva Ourense celebrou onte as súas eleccións a presidencia. Saiu elexida a directiva encabezada por Fernando Currás con un 69,05 % de apoio entre os 84 asistentes con dereito a voto na asamblea extraordinaria do club vermello

Nova directiva da UD Ourense

  • Presidente: Fernando Currás Gallego
  • Vice Presidente: Carlos Quintairos Atanes
  • Secretario: Xurxo González Vázquez
  • Tesoreiro: Eloi Xosé Fernández Rodicio
  • Vogal: Oscar Dorrego Fernández

A UD Ourense comenza a temporada o 19 de setembro recibindo no campo do Couto ó Pontellas co obxectivo de ascender a 3ª RFEF