Sector Vitivinicola

Feijoo destaca a calidade da uva colleitada nesta vendimia

Subliña que as cifras deste ano reflicten, novamente, a rendibilidade dun sector que demostra que o rural galego ten futuro e potencial para albergar empresas, con máis de 13.000 viticultores e 450 adegas

Óscar Gómez

Ourense | 22.09.2020 08:53

ESTER NUEVA RIBEIRA SACRA
ESTER NUEVA RIBEIRA SACRA | ESTER NUEVA RIBEIRA SACRA

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o compromiso da Xunta co sector vitivinícola, cunha calidade da uva colleitada nesta vendima superior e unha produción total en torno aos 60 millóns de quilos.

Durante unha visita aos viñedos e as instalacións das adegas Rectoral de Amandi, Feijóo subliñou que as cifras deste ano reflicten, novamente, a rendibilidade dun sector que demostra que o rural galego ten futuro e potencial para albergar empresas, con máis de 13.000 viticultores e 450 adegas, cunha facturacón de 200 millóns ao ano e cunha gran vocación exportadora -1 de cada 5 botellas das cinco denominacións de orixe saen de Galicia cara distintos países-.

Nesta liña, referiuse a Rectoral de Amandi como un exemplo da aposta polo rural, pola calidade do produto e por aproveitar todas as facetas do sector, como o turístico, con visitas guiadas para as persoas interesadas en aprender máis sobre o proceso de elaboración e coñecer a paisaxe única onde se enclava esta adega.

Así mesmo, e con respecto á vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, resaltou que xa se levan recollidos 1,3 millóns de quilos de uva, baixo a previsión de chegar ata os 5 millóns de quilos, e cunha calidade sanitaria e grao de maduración de uva colleitada ata o de agora moi boa.

Uva de los campos del Somontano
Uva de los campos del Somontano | D.O. Somontano

Apoio para a reconversión de viñedos, a elaboración e a comercialización

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego lembrou que o compromiso da Xunta co sector ponse de manifesto tamén nos máis de 7 millóns de euros investidos no período 2019-2020, para a reestruturación e reconversión de viñedos, para a elaboración e comercialización e para a promoción en terceiros países. “E temos en marcha tamén unha estratexia de dinamización económica, territorial e

turística das comarcas vitivinícolas de Galicia”, recordou, unha actuación conxunta da Administración autonómica cos sectores vitivinícola e do turismo, para reforzar a dimensión internacional, turística e territorial do viño galego.

O presidente do Goberno galego concluíu poñendo en valor a profesionalidade do sector para afrontar a vendima nas mellores condicións de seguridade posibles ante a covid-19, constatando a realización de probas de cribado a unha alta porcentaxe de temporeiros.