Colexio Luis Vives

O escritor Fernando Lalana visita o Colexio Luis Vives de Ourense

O autor zaragozano Fernando Lalana visitou o colexio Luis Vives de Ourense onde mantivo un encontro co alumnado de secundaria

Onda Cero Ourense

Ourense | 07.03.2024 10:26

O escritor Fernando Lalana visita o Colexio Luis Vives de Ourense
O escritor Fernando Lalana visita o Colexio Luis Vives de Ourense | Colexio Luis Vives Ourense
Visita de Fernando Lalana a Colexio Luis Vives

O autor zaragozano Fernando Lalana, premio nacional de literatura infantil e xuvenil, visitou o Colexio Luis Vives de Ourense onde mantivo un encontro moi destendido e ameno co alumnado de educación secundaria conversando sobre a súa vida, vocación e obras literarias.

Fernando Lalana

Información extraída da páxina web do autor

Fernando Lalana estudou a carreira de dereito e realizou o servizo militar no Grupo de Regulares de Melilla, de onde sacou ambente e personaxes para "Morirás en Chafarinas", encamiñou os seus pasos cara a literatura, que rápidamente se convertiu na súa primeira e única profesión, despois de quedar finalista no 1981 do premio "Barco de Vapor" con "El secreto de la arboleda" (SM, 1982) e gañador do Premio Gran Angular 1984 con El Zulo (SM, 1985).

Fernando Lalana publocou máis de un cento de libros coas principais editoriais españolas do sector infantil-xuvenil.

Ademáis de outros premios, Fernando Lalana gañou en tres ocasións o "Gran Angular" de novela: Con El Zulo, en 1984, con Hubo una vez otra guerra (Colaboración con Luis A. Puente), en 1988 e con Scratch en 1991. En 1990 recibe a "Mención de Honor del Premio Lazarillo" por La Bomba (Ed. Bruño, 1990). En 1991, o Premio Barco de Vapor por Silvia y la máquina qué (SM, 1992). En 1993, o premio da "Feria del Libro de Almería", que concede a "Junta de Andalucía", por El ángel caído (Alba Ed., 1998). En 2006, obtén o "Premio Jaén de Literatura Infantil y Juvenil" coa novela Perpetuum Mobile (Alfaguara, 2006)

En 1991, o Ministerio de Cultura concedeulle o "Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil" por Morirás en Chafarinas (SM, 1990), premio co que fora finalista en 1985 con El zulo (SM) e volvería a selo en 1997 con El paso del estrecho (Bruño).

MORIRÁS EN CHAFARINAS foi levada ó cine no 1995 con este mesmo título polo director Pedro Olea, con guión de Fernando Lalana e Pedro Olea; e con Jorge Sanz, Javier Albalá, Oscar Ladoire e María Barranco nos principais papeles.

En octubre de 2010, Fernando Lalana recibe en Alcalá de Henares, de mans da Princesa de Asturias, doña Letizia Ortiz, e na presencia da Ministra de Cultura, doña Ángeles González-Sinde, no XIV PREMIO CERVANTES CHICO, en recoñecemento á súa traxectoria literaria.

A súa grande paixón foi sempre ó teatro, participando como actor, director ou técnico ó longo de dúas décadas en máis de unha trintena de montaxes con diversas compañías e grupos independentes, principalmente el Teatro Incontrolado de Zaragoza, do que foi membro fundador, o Teatro Estable de Zaragoza e Tántalo Teatro. Nesta faceta obtivo, entre outros, o Premio Nacional de Interpretación "Arcipreste de Hita" para teatro non profesional, en 1980.