Ourense Cidade

O P.P. denuncia a falta de seguridade nos barrios da cidade

“Toda a cidade se está vendo afectada polo vandalismo e as liortas,en ocasións multitudinarias e con armas. O medo á hora de camiñar polas rúas e de saír e entrar das casas esta presente en todos os barrios”, denuncia a concelleira, Noelia Pérez

Óscar Gómez

Ourense | 30.10.2023 07:51

O P.P. denuncia a falta de seguridade nos barrios da cidade
O P.P. denuncia a falta de seguridade nos barrios da cidade | onda cero

O Grupo Municipal Popular defenderá no vindeiro Pleno Municipal, previsto para o 3 de novembro, unha moción para solicitar unha convocatoria urxente da xunta local de seguridade ante o constante aumento de liortas e inseguridade nos diferentes barrios da cidade e nas distintas rúas do casco histórico. Unha problemática que comprobaron de primeira man os Populares reuníndose e escoitando as queixas dos veciños.

“O incremento de vandalismo e delincuencia foi palpable e mantivo en vilo durante meses o barrio máis grande da cidade, A Ponte. Coches raiados, rotura de lúas e acceso a garaxes de vivendas en distintas rúas que deixaron ducias de coches esnaquizados. Delincuencia e vandalismo que persiste a día de hoxe, onde os roubos están a ser unha constante”, denuncia a concelleira, Noelia Pérez. De feito os veciños da zona de O Pino e Tras Estación levan todo este ano urxindo maior seguridade porque están a vivir situacións límite que lles impiden saír da casa con tranquilidade.

“Tamén os praceiros da Praza de Abastos número 1, chegaron a denunciar furtos eatracos, e preto de ahí, nas diferentes rúas do casco histórico, non deixan de medrar as liortas, nas que incluso se empregan armas como machetes e coitelos”, engade

a concelleira.

O P.P. denuncia a falta de seguridade nos barrios da cidade
O P.P. denuncia a falta de seguridade nos barrios da cidade | onda cero

“Ademais, nos últimos días tivemos coñecemento de que na Avenida de Portugal, na zona das Burgas e no Barrio das Camelias están localizados algúns focos de okupación na cidade, polo que a preocupación dos veciños destas zonas tamén vai en aumento”, indica Noelia Pérez, quen asegura que estes “son so algúns exemplos, pero toda a cidade se está vendo afectada polo vandalismo, as liortas -en ocasións multitudinarias- e a inseguridade. O medo á hora de camiñar polas rúas e de saír e entrar das casas esta presente en todos os barrios”.

Para poñer freo a esta situación o Partido Popular de Ourense instará ao Goberno Municipal para que o Alcalde de Ourense, na súa condición de Presidente da xunta local de seguridade, convoque con carácter urxente a mesma para analizar e valorar a situación de seguridade cidadá que está a producirse na cidade, e para establecer procedementos que permitan acadar unha cooperación eficaz entre os corpos de seguridade que exercen as súas función no termo municipal, co obxecto de adoptar as accións necesarias para dar solución aos problemas de inseguridade que están afectando ao normal desenvolvemento da convivencia en Ourense.

“Neste senso, o pasado 28 de novembro debateuse na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia unha iniciativa do Grupo do Partido Popular instando á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a dotación, con carácter urxente, do posto de

policía que falta no Catálogo para completar o Subgrupo Operativo da UPR en Ourense e a creación dun Grupo Operativo ao completo para que estes puidesen desenvolver de xeito eficaz e eficiente as funcións que lle son propias. Unha proposta que foi aprobada”, conclúe a concelleira.