Ourense Cidade

O PP defende unha moción para reactivar as obras da Praza de Abastos nº1

"Pedimos ao Goberno Municipal que convoque aos grupos políticos na Comisión de Seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de ofrecer e analizar toda a información que compete a este importante proxecto de cidade”

Óscar Gómez

Ourense | 02.03.2021 08:03

O PP defende unha moción para reactivar as obras da Praza de Abastos nº1
O PP defende unha moción para reactivar as obras da Praza de Abastos nº1 | onda cero

O Grupo Municipal do PP do Concello de Ourense defenderá unha moción no vindeiro pleno do mes de marzo na que instará o Goberno Municipal a que “convoque aos grupos políticos na Comisión de Seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de ofrecer e analizar toda a información que compete a este importante proxecto de cidade”, tal e como explica a portavoz municipal do PP, Flora Moure.

“Tamén pediremos que desde o Goberno Municipal se promova a unión e o consenso de todos os grupos para defender diante do Goberno Central o proxecto da Praza de Abastos e a consecución de axudas para acometer as cuestións pendientes do mesmo”, sinala Flora Moure, quen mantivo tamén un encontro de traballo cos comerciantes da Praza de Abastos, na que tamén estivo presente o coordinador e presidente local dos populares, Jesús Vázquez.

Cabe lembrar que durante o pasado mandato, convocábase periódicamente a Comisión Municipal de Seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de manter informados aos grupos políticos, algo que neste mandato non se produxo nin unha soa vez.

Na cidade asistimos atónitos a unha nova liorta entre o alcalde e o PSOE, coa Praza de Abastos como excusa, e que non conduce a nada máis que sembrar dúbidas sobre a continuación dun proxecto tan importante para a cidade.

Todas as forzas políticas con responsabilidades no Concello debemos unirnos para establecer a cooperación necesaria co resto de administracións, evitando así o risco de perder proxectos tan importantes como o das obras da Praza de Abastos. Custou moito conseguir unha axuda destas características e sería vergoñento perdela por non ser capaces de arrimar o ombreiro entre todos.

Pedimos que o alcalde e o PSOE aforren as forzas que utilizan en botarse as culpas e as usen en beneficio da cidade, buscando unión e cooperación. En definitiva, pedimos e ofrecemos un gran consenso para loitar conxuntamente para salvaguardar e consolidar o gran proxecto da Praza de Abastos perante o Goberno central.