Ourense Cidade

O Concello completa unha zona verde con dúas marquesiñas no pavillón dos remedios

Os autobuses poderán estacionar a carón do recinto con maior seguridade para os deportistas usuarios da instalación.

Óscar Gómez

Ourense | 25.05.2023 07:54

O Concello completa unha zona verde con dúas marquesiñas no pavillón dos remedios
O Concello completa unha zona verde con dúas marquesiñas no pavillón dos remedios | onda cero

O Concello de Ourense finalizou as obras de remodelación da zona pública do Pavillón dos Remedios, na rúa Pardo de Cela. Os traballos consistiron na reposición das baldosas danadas do espazo de lecer, sobre as que se construíu un itinerario adaptado que dá acceso ás dúas novas marquesiñas. Estas contan con todo o mobiliario correspondente, incluíndo bancos e papeleiras, tres xardineiras e unha zona verde ao seu carón.

Desta forma, os autobuses dos equipos que compiten no Pavillón dos Remedios poderán estacionar a carón do recinto con maior seguridade para os deportistas usuarios da instalación.

O importe total dos traballos foi de 45.847,84 euros.

Comezan as obras de mellora de accesibilidade da rúa Rosalía de Castro

O Concello iniciou as obras de mellora da accesibilidade e mobilidade na rúa Rosalía de Castro, no barrio da Ponte. O proxecto prevé a construción dun ascensor inclinado que salvará o desnivel existente entre a rúa Ribeira de Canedo e a rúa Mercado, que actualmente están comunicadas a través dunhas escaleiras de forte pendente.

Cun orzamento de licitación de 1.827.811,19 euros, os traballos teñen un prazo de execución de 12 meses.