A concelleira de Urbanismo do Concello de Ourense, Sonia Ogando asinou esta semana coa ministra de Transportes, Mobilidade e Agenda Urbana, Raquel Sánchez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, Ángeles Vázquez, o convenio de colaboración para financiar a execución de proxectos nas 4 áreas de rehabilitación da cidade. Foi nun acto que tivo lugar este mércores na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Na cidade de Ourense os convenios asinados daranlle apoio á execución de proxectos de mellora en edificios, vivendas ou espazos públicos no Centro Histórico de Ourense (18ª fase), O Polvorín- As Camelias- A Carballeira (6ª fase), Serra San Mamede- Cruceiro Quebrado- A Inmaculada (4ª fase) e no núcleo de interese etnográfico de Seixalvo (13ª fase).
Os convenios teñen un importe total de 566.082,5 euros, dos que o Ministerio achegará 442.000 euros, a Consellería de Medio Ambiente outros 114.213 e o Concello os 9.869,50 euros restantes.
O programa de axudas dará a poio a actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas, incluídas as unifamiliares, de urbanización ou reurbanización de espazos públicos ou, no seu caso, de edificación de edificios ou vivendas en substitución de edificios ou vivendas xa demolidos. Entre as obras subvencionables están as de instalación de ascensores, a reparación de cubertas e fachadas, a mellora da accesibilidade ou a instalación de calefacción, entre outras.