Ximnasia

O Club Ximnasia Pavillón na I fase copa federacións ximnasia estética

A seguinte cita para estas ximnastas será no mes de xuño na II Fase da Copa.

Óscar Gómez

Ourense | 02.05.2024 08:39

O Club Ximnasia Pavillón na I fase copa federacións ximnasia estética
O Club Ximnasia Pavillón na I fase copa federacións ximnasia estética | onda cero

O conxunto senior de ximnasia estética de Club Ximnasia Pavillón (Carmen, Candela, Valentina, Xiana e Ángeles), coa súa adestradora, Raquel Dafonte, desprazáronse a pasada fins de semana a Granada para competir na I Fase da Copa Federacións de Ximnasia Estética, co seu programa curto.

O sábado tiñan lugar as preliminares que xa colocaron ao conxunto ourensán no segundo posto, entre os oito primeiros que optaban a finais. O domingo mantiveron ese segundo postos.

A seguinte cita para estas ximnastas será no mes de xuño na II Fase da Copa, III Fase da Copa do Mundo e Torneo Países Mediterraneos.

O Club Ximnasia Pavillón na I fase copa federacións ximnasia estética
O Club Ximnasia Pavillón na I fase copa federacións ximnasia estética | onda cero

A ximnasia estética de grupo é unha disciplina que ten moitos beneficios a nivel corporal: mellora o contro muscular, o traballo bilateral, forza, flexibilidade, coordinación, etc. todos eles en común co resto de especialidades, en especial coa rítmica, pero en ausencia de aparello. Trátase dunha modalidade moi atractiva para as e os ximnastas que permite a prolongación da vida deportiva, con menos esixencia en canto a horas destinadas aos adestramentos, unha modalidade na que poden centrar o traballo no corporal e na expresión, ao estar ausente o aparello.