Na xornada de sábado a primeira hora da mañán foron os tres conxuntos absolutos os que buscaban unha praza para as dúas por modalidade que dan paso a fase nacional. É reseñable o dato de que dos seis conxuntos galegos que competían o sábado neste nivel absoluto, tres eran do Pavilón. Na categoría alevín Claudia, Alma, Carla, Lara, Bianca e Olga, integrantes do Club Ximnasia Pavillón Ourense realizaron o seu exercicio de pelota sen apenas erros e lograron unha excelente puntuación, obtendo a praza para Santander.
Na categoría junior o conxunto do Escola Pavillón (Martina, Maya, Xisela, Sheila, Grettel e Daniela) estiveron fantásticas e acadaron a segunda praza e por tanto o acceso a esta I Fase da Copa. Menos acerto tiveron as compoñentes do conxunto junior (Mariña, Laura, Candela, Noa e Claudia) do Club Ximnasia Pavillón Ourense que, con erros importantes no seu exercicio non lograron o seu obxectivo para esta fase.
O domingo eran dous conxuntos do Escola Pavillón que buscaban colocarse entre os cinco primeiros postos que daban lugar á Copa Conxuntos Base. O conxunto infantil (Daniela, Mónica, Laura, Nicole, Noa e Lara) facían vibrar á grada co seu exercicio de aros e obtiñan o segundo posto. O conxunto cadete (Sabela, Martina, Aroa, Alejandra, Lucía e Noa), con algúns erros, lograba o cuarto posto. Así os dous conxuntos estarán na Copa Conxuntos Base.
Así pois, os dous conxuntos de nivel base (infantil e cadete) e os dous conxuntos absolutos (alevín e junior) estarán en Santander a finais de abril defendendo os seus exercicios. O sábado día 25 de marzo, no Anexo dos Remedios terá lugar a presentación dos equipos de nivel autonómico dos Clubs Pavillón Ourense e Escola Pavillón.