Espiñedo non contará con unha bancada supletoria. CD Arenteiro prioriza nestos momentos rematar as obras e darlle solucións ós 176 socios que mercaron o seu abono para a nova bancada que finalmente non exitirá.
Comunicado de CD Arenteiro
CD Arenteiro non contará con grada supletoria para ampliación de aforo.
Ante a negativa do Concello de O Carballiño para outorgar a licencia de actividade o clube ten que renunciar a esta ampliación para a que leva traballando dende xullo de 2023. CD Arenteiro insiste no concello en que poña en marcha un proxecto para un novo campo de fútbol en Espiñedo ou onde consideren, acorde ás necesidades.
CD Arenteiro, que viña facendo os traballos previos necesarios para a colocación de Grada supletoria en terreos colindantes a Espiñedo, para o que conta coa autorización dos seus titulares, e coa colaboración do propio concello nalgún caso, atopouse agora con que dende o consistorio non outorgan a licencia de instalación necesaria, unha licencia xa estudiada polos equipos técnicos.
Despois que catro arduos meses de negociacións múltiples cos diferentes titulares dos terreos colindantes para chegar a un acordo, logo de recibir denuncia de legalidade urbanística realizada por entidade ou persoa descoñecida, o club ten que renunciar a esta ampliación para a que leva invertido moitas horas de traballo pero que non conta cos apoios precisos para sacar a adiante.
Dende a Directiva de CD Arenteiro, non podemos seguir con esta iniciativa, pois facer unha instalación deste tipo, con permanencia de 2 temporadas, sen o amparo xurídico necesario sería unha ilegalidade manifesta ademáis dunha temeridade de consecuencias incalculables en caso dalgún percance futuro.
CD Arenteiro, ten que seguir hacia adiante e reorienta agora o proxecto de mellora sen saírse dos lindes do actual recinto municipal de Espiñedo, levantando un novo peche, xa non de pedra, toda vez que a que se sacóu está depositado en dependencias municipais para a súa reutilización, tal como se solicitou dende o Concello de O Carballiño.
Dende CD Arenteiro, agora a maior prioridade, e rematar estas obras canto antes, e que queden o máis dignas posibles e por suposto e ante todo, darlle solución aos 176 socios/as que teñen asignado o seu carnet para esa parte do campo baixo unha expectativa de espacio que non será realidade, e que de momento poderán seguir usando a grada principal se o desexan, pois da cabida para todo o que é socio a data de hoxe.
O club non ponde facer mais nada. Deixa agora nas mans do Concello a localización e realización dun campo de futbol que responda as necesidades do equipo.
Novo campo de fútbol en O Carballiño
CD Arenteiro, tiña un reto claro que non era outro que dar maior aforo e comodidade aos socios/as, cumprir co requisito de aforo de 4.000 persoas fixado pola RFEF e dando igualmente unha mellor imaxen do noso estadio e do Carballiño, pero está claro que non saíron as cousas como era intención.
Dende CD Arenteiro xa se lle ten trasladado aos nosos gobernantes municipais, a necesidade de saber si se vai a poder contar en breve cun proxecto que englobe un campo de futbol da categoría do club e de prestixio para o Carballiño, cun aforo mínimo de 4000 persoas e alumeado en condicions.
A Directiva de CD Arenteiro, pide disculpas pola parte que lle toca, e pide a toda a aficción, socios e socias, que non deixen de soñar e que algún día coincidirá que sexamos grandes en equipo e en infraestructuras.