Concello de Ourense

O alcalde denuncia a “ignorancia supina do PP”, tras coñecer as críticas para a compra dos novos contendores

Pérez Jácome asegura que os vehículos do servizo adaptaranse aos novos contedores cun custo de apenas 3.000 euros, que non suporá máis dun 1 por 1.000 do investimento total do Concello.

Óscar Gómez

Ourense | 28.10.2022 08:09

Pérez Jácome
Pérez Jácome | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, denunciou a “ignorancia supina do PP”, tras coñecer as declaracións realizadas polo concelleiro Jorge Pumar acerca do expediente para a compra de novos contedores para o servizo municipal de limpeza. Explicou a este respecto Pérez Jácome que os vehículos de recollida de lixo adaptaranse aos novos contedores cun custo total que non superará os 3.000 euros, una cantidade que apenas suporá un 1 por 1.000 do investimento total que realizará o Concello. “Ë un argumento dunha ignorancia supina. Os contedores custan 3,5 millóns de euros e cómpre gastar 3.000 euros en adaptar os vehículos, un 1 por 1.000”, asegura Pérez Jácome, que subliña que a adaptación será “practicamente gratuíta, xa que é unha cantidade ridícula, tanto que algúns fabricantes de contedores xa manifestaron que estaban dispostos a asumir ese custo”.

Gonzalo Jácome cualificou de “surrealista” que o grupo popular propoña facer unha facer unha campaña de publicidade para que a cidadanía utilice os contedores de residuos orgánicos cando estes aínda non están instalados, e avanzou que cando os novos elementos estean á disposición da cidadanía, o Concello realizará campañas de publicidade, con cargo á partida de divulgación e información coa que xa conta o contrato do servizo.

En canto aos prazos, Pérez Jácome avanzou que o contrato adxudicarase antes do vindeiro 31 de decembro.