Ourense Cidade

Abren as piscinas de Oira con acceso libre pola maña

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abre ao público dende o venres 23 de xuño, as piscinas do recinto municipal de Oira para a nova tempada de verán.

Óscar Gómez

Ourense | 22.06.2023 18:05

Abren as piscinas de Oira con acceso libre pola maña
Abren as piscinas de Oira con acceso libre pola maña | onda cero

Este espazo de lecer será de acceso libre todas as mañás (de 11.00 a 16.00 horas), e baixo reserva polas tardes (de 16.00 a 20.45 horas). As reservas deberanse realizar a través da páxina web do Concello de Ourense (www.ourense.gal), do CMD (www.deportesourense.com) ou da aplicación móbil Piscinas Municipais Ourense, dispoñible para dispositivos Android e IOS.

Abren as piscinas de Oira con acceso libre pola maña
Abren as piscinas de Oira con acceso libre pola maña | onda cero

As piscinas permanecerán abertas até o día 10 de setembro, sempre que a climatoloxía acompañe. O Consello Municipal de Deportes tamén ten abertas xa ao público as piscinas do Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios.