Natalia González Benéitez foi reelexida co 97,2% dos votos secretaria xeral da agrupación local dos socialistas da cidade de Ourense.
A dirixente socialista e voceira municipal valorou "normalizar e dinamizar o partido logo de demasiado tempo de enfrontamentos e liortas" e reafirmou a aposta por situar ás mulleres e xente moza no epicentro da acción e das reivindicacións políticas.
Engadíu González que "escoitar, empatizar e comprender está no ADN dos socialistas.
Acompañan á reelexida secretaria xeral Xurxo Doval na vicescretaría e Xosé Ramón Fernández Morgade na secretaría de organización.

