O socialista ourensá, Miguel Fidaldo e membro da asociación polo progreso do Ribeiro asegurou hoxe que o fiscal non está a cumplir co seu cometido no “caso Rogelio Martinez”. Para Fidalgo non é comprensible que o fiscal anuncie que non presentará acusación contra o actual delegado da xunta cando existe a sospeita dunha trama organizada que presuntamene cometeu malversación, fraude e falsedade con fondos europeos.O socialista ten a convicción de que “alguén meteu man na Caixa” e lamenta que teñan que ser asociacións de cidadásnas que denuncien ou que teña que vir a Unión Europea a investigar casos coma o das depuradoras.