Medio Rural

Medio Rural aborda co Alcalde de Pontedeva a posibilidade de crear unha aldea modelo

o rexedor comprometeuse a analizar as posibilidades existentes no seu municipio para levar a cabo un proxecto de aldea modelo

Óscar Gómez

Ourense | 26.02.2020 08:19 (Publicado 26.02.2020 08:18)

Reunión do Conselleiro de Medio Rural con Alcalde de Pontedeva
Reunión do Conselleiro de Medio Rural con Alcalde de Pontedeva | xunta de galicia

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co alcalde de Pontedeva, José Carlos Guerrero, e representantes das comunidades de montes para analizar cuestións relacionadas coa mellora das condicións de vida dos veciños, as infraestruturas rurais ou a mobilización de terras agrarias, entre outros asuntos.

Así, o conselleiro explicoulle ao rexedor iniciativas como a das aldeas modelo ou os proxectos piloto de polígonos agrarios, como fórmulas para dinamizar o agro e recuperar terreos abandonados ou en desuso. Neste senso, o rexedor comprometeuse a analizar as posibilidades existentes no seu municipio para levar a cabo un proxecto de aldea modelo.

Durante a visita, ambos dirixentes achegáronse ata a ludoteca municipal, que contou cunha axuda da Consellería para a súa reforma, co fin de compartir cos máis novos o entroido. Seguidamente, o conselleiro e o alcalde percorreron un monte da zona para saber de primeira man as necesidades do sector.