Vive a túa propia historia con Gadasa

A Feira de Decembro e a San Silvestre, entre o máis destacado do Nadal en Castrelo de Miño

O domingo 29 terá lugar a súa habitual feira mensual e o martes 31 será a 21ª edición da carreira de San Silvestre.

ondacero.es

Ourense | 30.12.2019 11:46 (Publicado 27.12.2019 10:12)

San Silvestre de Castrelo de Miño
San Silvestre de Castrelo de Miño | Onda Cero Ourense

Castrelo de Miño súmase ao festexo do Nadal con actividades para todos os gustos. Dentro da súa ampla programación destacan nos próximos días a Feira de Decembro e a tradicional carreira de San Silvestre.

O último domingo de mes Castrelo de Miño celebra a súa tradicional feira situada no Parque Náutico. Neste caso, para a Feira de Decembro, que terá lugar o domingo 29, o centro serán os cantos e panxoliñas a cargo de "Os Serandeiros" a partir das 12 do mediodía. Ademais, os que asistan poderán gozar de lecer, gastronomía e mercado, onde se poderán atopar productos naturais, maquinaria, utensilios, artesanía ou plantas, entre outros.

Dous días despois, o martes 31 de decembro, Castrelo de Miño despide o ano coa súa tradiconal Carreira de San Silvestre, unha das máis antigas da provincia que este ano chega á súa XXI edición.

Con saída no Club Náutico, a partir das 16 horas darán comezo as distintas probas, a carreira de cativos (de 2.100 metros), a de bebés (de 100 metros), e a absoluta (de 6.300 metros de distancia, que terá lugar ás 16:30 horas).

Aínda que o máis importante desta cita é a diversión para pechar o 2019 con familia e amigos, os tres primeiros clasificados da carreira absoluta terán un premio de 100, 50 e 25 euros, respectivamente.

Por 7 euros aínda é posible inscribirse, poden facelo seguinte enlace

Os menores de 16 anos poden anotarse de balde ata 30 minutos antes da proba.

Vive a túa propia historia
Vive a túa propia historia | Gadasa