Os emigrantes ourensáns retornados protestan polas multas de facenda

Arredor de 200 pensonistas emigrantes retornados da provincia de Ourense concentráronse esta mañá diante da delegación de facenda para protestar pola decisión da axencia tributaria española de reclamar o pago do irpf desde 2008 e reivindicar o dereito a unha pensión digna. Os afectados recibían hoxe de novo o respaldo do BNG

 

ondacero.es

ourense | 29.10.2013 14:18

Emigrantes retornados de Ourense
Protesta de pensionistas emigrantes ante facenda | Xesús Álvarez

Arredor de 200 pensonistas emigrantes retornados da provincia de Ourense concentráronse esta mañá diante da delegación de facenda para protestar pola decisión da axencia tributaria española de reclamar o pago do IRPF desde 2008. Os afectados constituidos en plataforma quéixanse de que non foron informados polo estado da obrigatoriedade de tributar pola pensión do extranxeiro e defenden a súa honestidade esxíndolle ao goberno español que lles devolva os importes das multas que lles están enviando. Os afectados recibían hoxe de novo o respaldo do BNG que rexeitou a decisión de facenda de esixirlles os pagamentos atrasados do imposto sobre a renda mailos xuros de demora e sancións.