Unha colisión múltiple acontecida esta mañá na autovía das Rias Baixas na localidade ourensá de Alongos, saldouse con dous feridos graves. Trátase do conductor e a ocupante dun dos turismos implicados, de 65 e 64 anos respectivamente, ambos veciños de Ourense.
O suceso aconteceu sobre as oito menos cuarto da mañá e nel vironse implicados dous turismos e unha furgoneta. O conductor dun dos turismos, de 26 anos veciño de Carballiño saiu ileso o mesmo que o conductor da furgoneta, veciño de ordes, de 33 anos.
Un dos carris da autovia permañeceu pechado durante duas horas ate que foron retirados os vehículos sinistrados