A Deputación anima aos ourensáns a apoiar a candidatura de Os Balcóns de Madrid

O espazo de Parada de Sil opta ao recoñecemento de «Mellor rincón de España»

ondacero.es

Ourense | 07.07.2014 09:28

balcons de madrid
Vista dos caños do sil, dende os Balcons de Madrid | Onda Cero

A Deputación de Ourense lembrou hoxe que son os últimos días de votación para poder apoiar a candidatura dos Balcóns de Madrid como «Mellor rincón de España». O espazo natural de Parada do Sil, un mirador sobre a Ribeira Sacra, é o único lugar de Galicia que opta a esta distinción que se otorga nun concurso que promove a Guía Repsol para elexir o lugar que os internautas consideran como o mellor do Estado pola súa beleza e orixinalidade. Segundo se sinalou dende o organismo provincial ourensá, a candidatura dos Balcóns de Madrid xa foi apoiada por máis de 2.800 participantes. A Deputación apoia a candidatura do mirador de Parada de Sil e «para dar conta dese apoio institucional que ofrece o goberno provincial a esta iniciativa, a páxina web da Deputación de Ourense (www.depourense.es) dispón dun enlace para que os internautas poidan votar ata mañá luns, 7 de xullo, (incluído) pola candidatura dos "Balcóns de Madrid" "para que logre o recoñecemento que se merece como o mellor rincón de España».