CRISE DE GOBERNO NO CONCELLO DE OURENSE

O Alcalde de Ourense, Agustín Fernández, retirou a delegación de competencias ó edil Antonio Penín, por perda de confianza. A decisión produciuse despois de que Penín e outros 4 edís decidiran ausentarse do pleno o pasado venres ó considerar que debían absterse na votación na que un alto funcionario solicitaba a compatibilidade para desenvolver labores docentes. A decisión foi interpretada como a posta en escena do grupo de edís considerados dunha ruptura que leva larvada mais dun ano.
Nun escueto comunicado, Fernández di non descartar novas medidas, en referencia ós edís Susana Bayo, María Devesa, Mónica Vázquez e Alfonso Vilachá.
As competencias de Antonio Penín en Infraestructuras, Limpeza Viaria e Perímetro Rural ainda non foron reasignadas.

 

ondacero.es

Ourense | 16.12.2013 19:38

antonio penin
antonio penin | onda cero