Tráfico

Coles acolle o "cambio simbólico" de 100 a 90

Responsables da DGT e da Unidade de estradas de Fomento participaron no acto simbólico do cambio de sinalización da limitación máxima de 100 a 90

ondacero.es

Ourense | 28.01.2019 14:06 (Publicado 28.01.2019 13:22)

Cambio de señal en Coles
Cambio de señal en Coles | Onda Cero

O subdelegado do goberno de Ourense, Emilio González Afonso explicou que se escolleu un punto da estrada nacional 525 en Cambeo para facer o cambio simbólico de disco por tratarse dun dos puntos que rexistraba meiranse sinistralidade viaria e no que facendo melloras no firme, na sinalización e vixiancia logrouse reducir a cero os sinistros graves nos últimos meses. O acto contou ca presencia do xefe da unidade de estradas, represenantes da garda civil e do xefe provincial de tráfico, David Llorente. Llorente explicou que o obxectivo prioritario deste cambio de velocidade é "mellorar a seguridade viaria" pero tamén aclarou que obecede a "criterios técnicos" que nos permitirán unha homoxeneización ca normativa predominante na meirande parte da Unión Europea nas estradas convencionais.