Jubilación

A CIG pide recuperar a xubilación parcial aos 61 anos

A Cig reclama ao goberno do estado a urxente derogación da reforma das pensións e o restablecemento do dereito á xubilación parcial aos 61 anos.

ondacero.es

Ourense | 23.01.2019 13:54

Manifestación da CIG, pedindo jubilacions os 61 anos
Manifestación da CIG, pedindo jubilacions os 61 anos | onda cero

A Cig presentou hoxe no rexistro da Xunta en Ourense un escrito asinado pola xunta de persoal funcionario da administración autonómica no que reclama ao goberno do estado a urxente derogación da reforma das pensións e o restablecemento do dereito á xubilación parcial aos 61 anos.Dende a CIG sinalan que a medida beneficiaría en Ourense a uns 12.000 empregados públicos e reclaman que este dereito non sexa exclusivo do sector industrial. Para o sindicato é unha medida asumible que beneficiaría tamén o relevo de traballadores máis novos e garabtiría a caixa das pensións.

O sindicato reclama "pensións dignas e garantidas" demanda que trasladarán nunha manifestación convocada en Compostela o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 12 do mediodía.