Xustiza

En cadea os oito detidos polo alixo de cocaína

O titular do xulgado de instrucción número 1 de Vilagarcía decretou o ingreso en cadea "comunicada e sen fianza" das oito persoas detidas nunha operación contra o narcotráfico

ondacero.es

Ourense | 22.01.2019 10:50

redada drogas vigo
redada drogas vigo | atlantico

O titular do xulgado de instrucción número 1 de Vilagarcía decretou o ingreso en cadea "comunicada e sen fianza" das oito persoas detidas nunha operación contra o narcotráfico entre os que se atopa o xerente da empresa Froitas Mavaz de Ourense, Manuel Vázquez. Os investigados son este empresario ourensán, un traballador ecuatoriano pertencente á mesma empresa, dous colombianos e catro pontevedreses, todos eles acusados dos presuntos delictos de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal.

O titular do xulgado tomou esta medida ao considerar que "pode haber risco de fuga ou de destrucción de probas" na instrucción dun sumario que foi declarado secreto e cuio operativo segue aberto non descartándose novas detencións. Nas últimas horas producíronse varios rexistros domiciliarios e tamén na nave de Froitas Mavaz á que ía entrar o camión que a pasada fin de semana foi interceptado con 430 quilos de cocaína agochados entre as caixas de froita.

A droga chegara ao noso país a través do porto de Leixoes en Oporto con destino Ourense. O vehículo que a trasladada foi seguido pola policía nunha operación conxunta das policías de España, Portugal e Colombia, país do que procedía a mercaduría