A Consellería de Traballo e Benestar investirá un total de 100.000 euros no ano 2014 para a mellora e equipamento da miniresidencia e centro de día de Esgos.
A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, asinou un convenio de colaboración neste sentido co alcalde do concello, Mario Rodríguez, para formalizar esta colaboración entre ambas administracións.
O obxecto destas axudas é mellorar, acondicionar, reformar e equipar esta instalación de servizos sociais, que conta con 57 prazas residencias e 22 de atención diúrna. En concreto, unha das principais actuacións a realizar serán o acondicionamento dunha zona do centro co fin de transformala nunha zona verde.
Por outra banda, tamén se destinará orzamento ao equipamento de mobiliario especializado de cara a mellorar a atención dos usuarios. Así, melloraranse equipamentos como as camas de usos xeriátrico, as mesillas xiratorias, e elementos de rehabilitación como cintas de paseo ou bicicletas.