Onda Deportiva Ourense - Fútbol

A xornada no fútbol ourensán do mércores festivo

En Onda Deportiva Ourense repasamos o máis destacado do fútbol de Ourense na xornada deste mércores festivo

Onda Cero Ourense

Ourense | 09.12.2021 13:16

Onda Deportiva Ourense - Fútbol

3ª Federación

Estradense 0–1 Ourense CF

O Ourense CF volveu a reatoparse coa vitoria, despois do seu empate da fin de semana ante o Silva e tras varios encontros de parón por mor de casos COVID. Os ourensáns tiveron un encontro moi desputado, no que o Estradense, por baixo na táboa, plantou cara e a piques estivo de facer que os de Rubén Domínguez marcharan de baleiro da Estrada. Un tanto de Tiago Rodríguez na segunda metade deulle tres valiosos puntos os ourensáns que escalan na táboa clasificatoria.

O Ourense CF ocupa o quinto posto con 22 puntos e 2 partidos menos. O domingo as 16:30 recibe ó Rápido de Bouzas.

Somozas 0–2 CD Barco

Triunfo de prestixio do CD Barco no campo do líder, o Somozas, nun encontro que se decidiu na segunda metade e no que a pegada do conxunto de Valdeorras foi clave para sumar os tres puntos. Un gol de Andrés Calvo e outro de Javi Duque, que sigue de doce, déronlle o triunfo os de Javi Rey. Un tanto mediada a segunda metade e o outro chegaría nos minutos finais, cando o Somozas buscaba o empate. Vitoria de prestixio para seguir medrando.

O Barco é terceiro con 27 puntos. O domingo as 17:00 horas recibe ó Arzúa.

Atlético Arnoia 2–1 Sofán

O Arnoia sumou o seu segundo triunfo da tempada, nun encontro no que supeou a un rival directo na loita por saír do descenso coma é o Sofán e que además permite os de Iván González abandonar a última praza da categoría.

O Arnoia ocupa a decimosexta posición con 8 puntos. A vindeira xornada xogan fora da casa fronte o Xuvenil de Ponteareas as 16:30 horas.

Preferente Galicia

Polígono 0–1 Barbadás

Volvía o Barbadás a escena, tras varias semanas no dique seco por mor do coronavirus e sumou un importante triunfo para seguir unha semana máis no alto da táboa. Os azulóns levaron un sufrido triunfo ante un Polígono que segue sen sumar puntos, pero que vende a súa pel moi cara. Un tanto de Jose Ramón no minuto 60 mantén o Barbadás na terceira praza con 22 puntos.

Vindeira xornada descansa.

Nogueira 0–1 Cultural Areas

Derrota do Nogueira nun partido moi desputado ante un Cultural Areas que viña nunha mala xeira de resultados, pero que levou o triunfo da Tella gracias a un tanto nunha xogada illada. Os de Bruno Gómez desperdician deste xeito unha boa oportunidade para meterse na parte alta e ben freada a súa boa xeira de resultados.

O Nogueira ocupa a décima posición con 14 puntos e un encontro menos. O domingo as 16:00 horas xoga co Sporting Guardés.

Verín 4–1 Mondariz

Goleada do Verín ante un Mondariz que non foi rival e que o descanso xa había entregado o encontro. Os tantos de Xoel, Mouriño e Luisito na primeira metade encarrilaron un choque que sentenciou Marcos Vilachá na segunda metade. Boa imaxe, bo fútbol e 3 novos puntos que permiten os pupilos de Vilachá seguir unha semana máis na parte alta da táboa e segundos con 23 puntos e un encontro menos.

Esta fin de semana recibe ó Cultural Areas o domingo as 16:15

Caselas 1–1 Velle

Un punto rascou o Velle da súa visita o sempre compricado campo de Caselas e que permite os de Peluso sumar puntos tras varias derrotas consecutivas. Un encontro moi desputado e que puido decantarse para calquera dos dous lados, pero finalmente as táboas finais fixeron xustiza o visto sobre o terreo de xogo.

O CD Velle é undécimo con 10 puntos. A vindeira xornada visita o Porriño a partir das 16:30 horas.

Descansou a UD Ourense.

E tamén polideportivo