Play Ascenso a 2 RFEF

Javi Labrada: "marcar ó gol da clasificación é unha sensación incrible "

O Ourense visitaba Vilagarcía coa necesidade de gañar o partido frente ó Arosa SC para pasar a segunda ronda do play off de ascenso á 2 RFEF. Os vermellos gañaban (1-2) con gol de Javi Labrada a 3 minutos do final da prórroga

Onda Cero Ourense

Ourense | 27.05.2024 13:20

Play Off ascenso á 2 RFEF

Arosa e Ourense citabanse na Lomba de Vilagarcía para resolver unha eliminatoria que chegaba empatada do Campo de O Couto. No partido de ida adiántabase o Ourense con dous goles pero o equipo de Luisito neutralizaba a ventaxa e puña os arlequinados co pase de ronda de cara por quedar mellor clasificado na fase regular.

Arosa SC - UD Ourense

As 21:00 horas do domingo máis de 500 ourensanistas tomaban A Lomba sen importar demasiado un horario tan tardío. 4 autocares e varias centos de seguidores puxeron os ingredientes para unha noite máxica que supón superar a primeira eliminatoria do play off de ascenso á segunda federación. O vindeiro domingo ás 12:00 horas o campo de O Couto poñerá o inicio á segunda, o rival será o segundo filial do RC Celta, o Gran Peña.

Entrevista a Javi Labrada

O heroe ourensanista pasou polos micrófonos de Onda Cero Ourense

  • Sensación despois do gol da victoria
  • Cómo foi a eliminatoria co Arosa
  • O efecto Camarón
  • O vindeiro rival, o Gran Peña
  • Mensaxe de apoio a David Rojo, lesionado de gravidade nos últimos minutos

Resumo do partido na Televisión de Galicia