Entrevista con Iria Vence

O Colexio Plurilingüe Luis Vives é unha cooperativa de traballo asociado, concertado, plurilingüe, laico e mixto

O Colexio Plurilingüe Luis Vives abrangue as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.

Onda Cero Ourense

Ourense | 10.02.2022 13:26

Colexio Plurilingüe Luis Vives

No CPR Luis Vives destaca unha acción formativa de máxima calidade. De aí que ofrecen medios didácticos de vangarda complementados por servizos como departamento de orientación, reforzo e ensinanza telemática, si fose precisa, contando con profesorado certificado por Google.

  • Persoal nativo para unha oferta plurilingüe de castelán, galego e inglés, de infantil a ESO sendo un centro examinador de Trinity.
  • Centro cardio protexido, conta entre os seus profesinais cunha ATE (Auxiliar Técnico Especialista), psicólogo, orientadora, varias especialistas en pedagoxía terapéutica e logopeda, contando con dúas aulas de Ed. Especial, un centro totalmente adaptado ao alumnado con algún tipo de minusvalía.
  • Biblioteca (A Luviteca), integrada no PlanBe de bibliotecas escolares, un espazo creativo, acolledor, integrador e dinámico, sen esquecer a recente creación da radio escolar (Vives na Onda).
  • Proxecto "STOPlásticos" no que se pretende concienciar á comunidade educativa da necesidade de reducir o consumo de plástico
  • Programa "AQUA-STEM" para potenciar o interese polas carreiras STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

No Colexio Luis vives queren transmitir aos rapaces o gusto por aprender e crear neles a ilusión de traballar. Deste xeito adquiren habilidades para buscar, obter e procesar a información e mellorar a súas competencias. Son dos que cren que a escola existe para facilitarlle ás persoas as ferramentas necesarias para a correcta toma de decisións. “Queremos que aprendan para que se desenvolvan como cidadáns competentes no futuro”. Neste sentido tamén son flexibles cos deportistas de élite.

Instalacións

Dispón dunhas instalacións actualizadas e uns espazos adaptados e motivadores para o alumnado por detacar algún o recente muro de escalada inaugurado a semana pasada por Antía Freitas.

Escalada en Colexio Luis Vives
Escalada en Colexio Luis Vives | Colexio Luis Vives

Ofrece este centro educativo unha xornada única e múltiples servizos como dispor dunha cociña central, servizo de transporte desde a casa ao centro, madrugadores desde as 06:45, servizo de atención gratuita de tardes mediante diferentes obradoiros conducidos polo profesorado e actividades extraescolares. Todo esto para favorecer a conciliación familiar e dar resposta ás necesidades das familias ata máis alá das 6 da tarde.

De feito, Luis Vives facilita as familias do alumnado de 3 anos, durante todo o seu primeiro ano de escolaridade, os servizos de madrugadores e comedor gratuítos.

Xornada de Portas Abertas

Neste momento estanse levando a cabo as Xornadas de Portas Abertas ás que vos animan a asistir solicitando previamente visita personalizada.