09/01/2025
alvaro vila

Álvaro Vila, dixo en Más de uno Ourense, que se consideran "totalmente enganados" polo PP cando estos apoiaron a sua moción para que a xestión do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (PROCAPD) fose pública, xa que finalmente a Xunta de Galicia adxudicou a xestión indirecta a unha entidade "sen ánimo de lucro".
Vila negou que sexa "sen ánimo de lucro" e declarou que considera "un insulto" que o PP contraprograme esta tarde unha mobilización de apoio á oposición venezolana coincidindo coa concentración a favor da xestión pública do PROCAPD convocada polas familias que se consideran afectadas.
Para o socialista, asemade, o PP "leva no adn a privatización" e engadíu a este respecto que levarán iniciativas a todos os concellos da provincia demandando unha xestión pública para o centro. Por outro lado pedíu ó PP que "oficialice" o co-goberno con Democracia Ourensana no Concello da capital, integrándose no goberno local da capital, explicando que os populares síntense "cómodos" co partido do Alcalde.


