O alcalde socialista de Ourense, Agustín Fernández asegurou hoxe que a marcha do edil de servizos xerais e comercio, José Martinez Pedraio produciuse por razóns profesionais e entra dentro da "normalidade". Fernández tamén quixo dar normalidade á remodelación municipal que acaba de acometer co obxectivo de reforzar áreas con proxectos estratéxicos. A edil de urbanismo Aurea Soto asumiu competencias en servizos xerais e persoal. O edil de economía, Vázquez Barquero recupera competencias en comercio e reservanse algunhas das responsabilidades de Pedraio para a edil entrante, Juana Agueitos. Pedraio tamén deixará a deputacion de Ourense onde o escano será ocupado por Carmen Figueiral.
Nunha comparecencia de prensa o rexedor socialista insistíu en que os cambios que comezan a introducirse consultáronse cos concelleiros do equipo de goberno afectados e coa dirección do Psoe en galicia. Agustín Fernández faise responsable último dos cambios asegurando que se hai edis descontentos conversará con eles
Dende a oposición o voceiro do grupo municipal do PP, Rosendo Fernández lamentou terse enterado da remodelación pola prensa e asegurou que son "cambios cara a galería" dun grupo de goberno "sen rumbo" que ademáis "reforza competencias a edis imputadas". Fernández insiste en ofrecer colaboración para facer "gobernable" o concello