Solidaridad

A Ourense Milla Urbana Solidaria 2019 recada fondos para Cruz Vermella

A terceira edición desta carreira terá lugar o próximo sábado 22 de xuño a partir das 18 horas na rúa do Paseo.

Óscar Gómez

Ourense | 14.06.2019 10:15 (Publicado 14.06.2019 06:00)

Cruz Vermella será a asociación beneficiaria da terceira edición da Ourense Milla Urbana Solidaria, organizada polo Club Deportivo Aurum coa colaboración de Onda Cero, que terá lugar o próximo sábado 22 de xuño a partir das 6 da tarde na rúa do Paseo.

Trátase dunha proba aberta tanto a corredores populares como federados, incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo, e que contará con distancias adaptadas a todas as idades.

“É unha carreira que naceu cun fin solidario, pero que organizamos ademais co obxectivo de promover a práctica do deporte, o espectáculo e a diversión”, explicaba o presidente de Club Deportivo Aurum, Lalo Gómez.

Nesta terceira edición todo o recadado mediante as inscripcións dos atletas, así como do Dorsal 0 posto en marcha, será doado integramente a Cruz Vermella Ourense. O presidente desta asociación amosouse moi agradecido con esta iniciativa. “Unha actividade que fomenta o deporte, a saúde e a dinamización da cidade hai que salientala. Nós destinaremos todo o recadado a programas de axuda a maiores, infancia, xuventude.... Lembremos que 4 millóns de persoas en España se atopan en situación de exclusión social severa. Incluso persoas que traballan atópanse en situación moi precaria, pola vivenda ou o consumo. E todo o mundo ten dereito a ter unha vida minimamente digna. Así que noraboa por organizar todo esto porque estas cousas son moi benvidas e moi agradecidas”, concluía Felipe Ferreira.

A inscripción permanecerá aberta ata o próximo 19 de xuño a través da web www.ourensemillaurbana.com. Cun custe de 3 euros para os adultos e de balde para os cativos.

Ourense Milla Solidaria 2019
Ourense Milla Solidaria 2019 | Onda Cero Ourense