800 KGS DE CASTAÑAS PARA O MAGOSTO OFICIAL

O concello de Ourense festexará o luns o San Martiño (día do seu patrono) con un magosto oficial na praza maior, a partires das 5 da tarde, no que serán consumidos 800 kilos de castañas, 2 mil bolos preñados de chourizo e 400 litros de viño. O prezo será de 1 euro.Con anterioridade, ó mediodía, haberá un concerto da banda municipal de música.

ondacero.es

ourense | 08.11.2013 09:15