o bng insiste no confinamento

A oposición recrimina a Feijóo a xestión da pandemia

A portavoz do BNG e o secretario Xeral do PsdeG, téndenlle á man ao presidente da Xunta ao tempo que lle piden que faga autocrítica ante os malos datos das últimas semanas.

ondacero.es

Santiago de Compostela | 27.01.2021 19:38

A oposición recrimina a Feijóo a xestión da pandemia
A oposición recrimina a Feijóo a xestión da pandemia | BNG

Ana Pontón faille catro propostas ao presidente da Xunta: reorientar os orzamentos autonómicos para reforzar a sanidade pública e rescatar aos sectores máis afectados; reformular o modelo de residencias de maiores; consensuar unha postura conxunta para os fondos europeos e activar o confinamento durante dúas semanas.

Gonzalo Caballero tamén reclama a Feijoo un reforzo da Sanidade pública, unha mellora do modelo de residencias e un plan de rescate, tanto para a hostalería como para o comercio que se verán afectados polas restriccións destas semanas. Advirte de que será un semestre moi complicado para a economía galega.