Noticias Mediodía Galicia 18/09/2018
9,10 e 11 de outubro. Son as datas do Debate de Política Xeral. Cadra na metade da Lexislatura de Alberto Nuñez Feijoo e cadra coa constitución de dúas comisión de investigación no Parlamento: a do accidente do Marisquiño e a que pretende investigar a política sanitaria do Goberno Feijoo durante estos anos. Unha comisión pedida polos tres grupos da oposición. O Secretario Xeral dos Socialistas galegos, Gonzalo Caballero dicía en Onda Cero Galicia, nas últimas horas, que BNG e Marea caeran na trampa do PP pola investigación do accidente do Marisquiño, que só pretende beneficiar electoralmente ao Partido Popular en detrimento de Abel Caballero