Monforte na Onda 18/06/2018
Abrimos falando de Voleibol das cadetes do CV Ribeira Sacra que remataron o Campionato de España nun meritorio oitavo posto e do equipo alevín do CEIP A Gándara que se preparan tamén para competición nacional. Repasamos como vai a candidatura das Montañas do Courel para ser declaradas Xeoparque. Entrevistamos ao autor do cartel que anuncia as Festas Patronais de Monforte. Repasamos actualidade do concello de Pantón conversando co alcalde do citado concello. Entre outros asuntos, repasamos tamén premios da Cata de Tintos Galegos celebrada en Euskadi e na que fixeron pleno os viños da D.O. Ribeira Sacra. Falamos co adegueiro que recibiu o primeiro premio.