Monforte na Onda 17/12/2018
Abrimos programa entrevistando a Gonzalo Herrero director da Escola de Música Moderna que prepara Festival de Nadal e ten programada para este luns unha clase maxistral de guitarra. Falamos da Guía de Viños de Galicia que presenta Luis, Alejandro e Javier Paadín, con moi boas referencias paras os viños da D.O Ribeira Sacra. Con Aida Menéndez, presidenta da Asociación do Camiño de Inverno, repasamos acto do sábado e novo número da revista de Estudos que presentan o mércores. Entre outros asuntos, falamos tamén co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, que reclama o paso da A 76 polo seu concello.