Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos

Programa completo do 09/08/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 09.04.2024 14:15

Xa se cumpriu un ano da remuda na presidencia do CRDORS. Preguntámoslle ao novo presidente, Antonio Lombardía, que fixo neste tempo e proxectos nos que traballa. Sober acollerá en maio un Foro Económico organizado polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia. Hoxe foi presentada a iniciativa e dela falamos con Venancio Salcines, Presidente do Consello Reitor de CESUGA. E sobre envellecemento activo hai programada unha charla que vai ter lugar este mércores en Monforte. Un acto de promoción da Saúde que repasamos co doutor Rosendo Bugarín. E a ponte de Ourigo que estragara o pasado ano unha riada estará reconstruida este verán. É a previsión que manexa a C.H. e o concello de O Saviñao, repasamos proxecto co alcalde, con Carlos Armesto. E o Castro de San Lourenzo acollerá este verán un novo campo de traballo dos organizados pola Xunta, repasamos previsión do mesmo co arqueólogo Xurxo Ayán que será o encargado de dirixir o mesmo.