Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 26/05/2022

Programa completo do 26/05/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 26.05.2022 14:18

Presentadas as actividades da Rota do Románico en Pantón, repasámolas conversando co alcalde José Luis Álvarez. O BNG de Monforte leva a pleno unha moción reclamando melloras na rede de abastecemento municipal. Falamos da iniciativa co voceiro do citado grupo, Emilio Sánchez que repasa tamén outras propostas que levan ao próximo pleno. Dous séculos de ensino no Val de Lemos repasa o libro que vén de publicar Pedro Gómez. Unha publicación que presenta esta tarde en Monforte e no programa adiántanos datos que recolle na mesma. Vamos de tapas hoxe ao MC e Marta Camino presenta a proposta coa que participan no Concurso da Asociación de Hostalería. Entre outros asuntos, como cada xoves temos gabinete xurídico con Abogados Vigo 10, Javier Leiro fálanos hoxe de incapacidades.