Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 16/01/2023

Programa completo do 16/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS 16/01/2023 | 16.01.2023 14:17

As chocas do Entroido Ribeirao sonarán de novo esta ano. Despois de dous anos de parón pola pandemia recuperan este tradicional entroido do que falamos con Juan Carlos Rodríguez, da asociación organizadora. No polígono de Bóveda empezou a construirse un viveiro de empresas que agardan poñer a funcionar antes de rematar o ano e coincidindo co proxecto de ampliación do propio polígono que ten en previsión o equipo de goberno. Falamos delo co alcalde José Manuel Arias. Coa doutora Cristina Sardiña, repasamos o traballo que realiza o servizo de Medicina Interna. Co alcalde de Monforte, José Tomé Roca falamos das obras da nova rede xeral de abastecemento que está executando Aqualia e entre outros asuntos, repasamos tamén novas do concello de Sober. Co alcalde Luis Fernández Guitián repasamos o proxecto que teñen para ampliar o PAI e das obras de urbanización do entorno da Igrexa de Lobios que vén sacar a licitación a Xunta.