Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 08/02/2022

Programa completo do 08/02/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 08.02.2022 14:16

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola e falamos de catas co técnico Alfonso Losada e con Luis Buitrón, presidente da Federación Española de Enoloxía. O grupo municipal do PP pide ao equipo de goberno que se acolla a liña de axudas da Xunta e habilite servizo de atención temperá. Falamos coa voceira popular Kati Varela que repasa tamén iniciativas que preparan para o próximo pleno. O concello de A Pobra do Brollón entre os afectados por irregularidades cometidas polo ex subdirector de Agader. Repasamos situación conversando co alcalde, Xosé Lois Maceda. Entre outros asuntos falamos tamén con Paula Vázquez Verao, voceira de Agroma Sober. Este grupo solicita que a declaración de aldea modelo para o lugar de Francos serva tamén para mellorar servizos á veciñanza.