Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 07/11/2023

Programa completo do 07/11/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 11.07.2023 14:11

O tempo que nos acompaña favorece a aparición de enfermidades nas viñas e hoxe abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e repasando a situación na que se atopan acompañados do técnico Alfonso Losada. Escoitamos tamén ó técnico Daniel Martínez. O concello de O Saviñao adianta a primeira fin de semana de setembro a celebración da Festa da Vendima. Falamos dela co alcalde Carlos Armesto, que nos fala tamén das festas de Escairón e das obras que impediron que a piscina municipal non puidera abrirse ata hoxe. O día 21 cumpre 20 anos o Parador de Turismo de San Vicente. O Mosteiro Bieito convertíuse dende aquela nunha das referencias turísticas da Ribeira Sacra. Repasamos esta efeméride co investigador Felipe Aira.