Ademais de repasar o pleno celebrado en Monforte conversamos con Xesús Mazaira que vén de recoller en Barcelona un novo premio para a queixería Airas Moniz. Falamos tamén dos entregados na Deputación de Lugo á excelencia do turismo e a hostalería e que recibiron, entre outros, Xeoparque Mundial Montañas do Courel, a aldea de Turismo Rural de O Mazo, e ASOPORCEL. Repasamos oferta que para este curso ten a Escola de Música Moderna, conversando co seu director, Gonzalo Herrero. Entre outros asuntos, co arqueólogo Xurxo Ayán facemos balance das Xornadas celebradas en A Pobra do Brollón, sobre a construción da paisaxe na Ribeira Sacra.