Gromo de Covid en Chantada. Ten a súa orixe nunha comida de amigos, segundo a información facilitada polo xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares, que repasa tamén a situación de Sarria, único concello galego en nivel máximo. Además da situación sanitaria, recollemos tamén no programa de hoxe balance da concentración celebrada onte contra a construción da nova ponte no Malecón. Conversamos con Vitoria Saco, voceira da Plataforma convocante. Recollemos tamén conclusións das Xornadas de Urbanismo e Mobilidade celebradas en Monforte entre o venres e o sábado, conversando co profesor Manuel Docampo, director das mesmas. Falamos das previsións de ocupación turística que para este verán manexa o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, coa xerente do mesmo, Alexandra Seara. E coñecemos tamén unha iniciativa pioneira a nivel europeo que se pon en marcha no Distrito Forestal de Lemos, para facer inventarios forestais con tele-detección. Un innovador proxecto do que falamos con David García Castillo, un dos promotores.