Para facer unha explotación gandeira cada vez máis sostible traballan en Casa da Fonte. Prácticas que repasamos conversando co responsable desta explotación, Xosé García Freire. Con Mar López falamos do I Encontro de Escritoras que están organzando para este sábado nas adegas de Vilachá. En véspera de celebrar o Samaín, o concello de O Saviñao organiza un concurso que repasamos coa concelleira de cultura Beatriz Rois. Poñer o foco no abandono do rural é o obxetivo dunha exposición organizada pola Asociación Cultural Artística Sacra, na aldea abandonada de Bexán. Unha iniciativa para render tamén homenaxe aos veciños desta aldea que abandonada e da que falamos con Cristina Vázquez. E tendo lendas de meigas como referencias organizan para esta fin de semana unha ruta na Asociación Segredos de Pantón. Co presidente da mesma, Lucas Vázquez, repasamos esta e outras actividades que están organizando para a fin de semana co concello e a Asociación de Pombeiro. Entre outros asuntos atendemos tamén a visita que fai hoxe a Monforte o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.