Desigual desescalada nesta zona sur de Lugo. En situación intermedia Monforte, A Pobra do Brollón e Sober, apenas hai cambios. O sector da hostalería só pode abrir terrazas cun 50% de ocupación ata as 18h e dín que non lles merece a pena. No resto dos concellos, si está permitido consumo en interior cun 30% de ocupación que suman ao 50% en terraza. De todo esto falamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería. Aprobada a declaración de BIC para o Colexio da Nª Sª da Antiga, recollemos valoración de Javier Agudo, o xerente da Fundación e de Pablo Blanco, o director do Colexio. E marchamos de fin de semana recomendándolle o último libro de Xurxo Ayán "San Lourenzo ven a nós. Memorias dun castro galego". No programa de hoxe falamos co autor.