Campaña arqueolóxica en marcha no concello de Pantón, na zona do Preguntoiro. Falamos dela co arqueólogo Xurxo Ayán, encargado de dirixir a intervención. O Sergas ten previsto vacinar esta semana nesta zona sur de Lugo a 1950 maiores de 80 anos coas dúas vacinas, a 3ª dose da covid e a da gripe. De como vai ser a campaña falamos con Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria. O BNG de Monforte reclamará no pleno de hoxe que se mellore o acceso a internet no Polígono Industrial, entre outras iniciativas que repasamos conversando co voceiro, Emilio Sánchez. Tamén conversamos co voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez que leva a pleno unha iniciativa relacionada coa exclusión financieira do interior galego e reclama un estudio sobre o tráfico de Monforte. Repasamos tamén iniciativas do PP. A voceira Kati Varela reclama melloras para a Biblioteca Municipal e para as instalacións deportivas.