Como se foi construindo a paisaxe na Ribeira Sacra está sendo analizado no concello de A Pobra do Brollón onde varios investigadores participan dunhas Xornadas que promove o Consello da Cultura Galega. Rebeca Blanco é unha das organizadoras e con ela conversamos nun programa que abrimos repasando co alcalde Carlos Armesto, novas do concello de O Saviñao. Entrevistamos tamén ao músico Xabier Díaz que actua hoxe en Monforte coas Adufeiras. Falamos con Antonio Rodríguez e Miguel Alvelo, da recreación histórica que preparan para esta fin de semana en Doade coa III CHORS LUCENSIUM. E toca tamén hoxe concurso "LA RECETA DE TU VIDA", un estudante de cociña, Aarón Verea Vila, fálanos da súa. E mellora a situación sanitaria, baixa o número de contaxios pola Covid e este sábado Monforte descende de nivel de restricións.